Esta historia la tuve que hacer para un trabajo de gallego, nose si el sentido del humor de un profesor exmodelo llegaría a aprobar esto...
O bogavante nihilista
No mercado había un bogavante que me contou a historia de su vida cando me acheguei a el.
Nacera nas costas de Virginia nos Estados Unidos, nos anos 60, vivía cos seus pais e ca sua irmá.
Ao bogavante gustáballe moito a música, con 12 anos comenzou a escoitar música hippie e rock de aquela época, máis os seus pais eran moi conservadores e fachas e non lle permitían andar con tonterias revolucionarias. O bogavante non o aturou ,e ós 15 anos de idade fugouse da súa casa.
Nadou por toda a costa Leste, dende Virginia ata Florida, pero non era dabondo. O xoven bogavante quería viaxar máis, ver mundo, entón, con 16 anos cruzou o Atlántico.
Foi unha longa viaxe, coñeceu moitos peixes. Estiveron a piques de pescalo 3 veces, pero o bogavante resistía. Viviu en distintos sitios, fixo moitos amigos que o acolleron nas súas casas pero non volveu ver a ningún.
Chegou ás costas galegas con 25 anos, estivo vivindo na praia de Muxía, en Muros Noia, e na illa de Óns.
O bogavante pasou bastante da música de moda dos 80, non lle gustaban as cancións electrónicas. Nesas datas escoitaba os inicios da moda grunge, ahí é cando comenzou a ser nihilista.
Nos 90 deambulou polo mar sin rumbo, escoitaba Nirvana e música dese estilo. Preguntábase cómo estarían os seus pais dos que dende os 15 anos nunca tivera noticias. Estaba tan só no mar, todos os amigos que fixo non os volvera a ver, tiña morriña.
Co paso dos anos en soidade dábase conta de todo o mal do mundo, el viaxara tanto, coñecía tanta xente, sen embargo viaxaba só. A mediados do ano 2000 colleu una guitarra que atopara nunha praia e púxose a cantar sobre a vida, tocaba en locais do fondo da costa coruñesa, moitos peixes escoitábanno cantar e tocar todas as noites, tiña bastante fama, máis só era un cantautor trotamundos, non tiña diñeiro, familia nin amigos. Unha noite, nun local, propuxéronlle probar uns picos de heroína. Ao bogavante pouco lle importaba drogarse que non, todo lle era igual, así que aceptou e caeu nas máns do opio. Tocaba na rúa e co que gañaba mercaba máis heroina. Era a súa inspiración, os peixes dicían que compoñia mellor dende que comenzou a drogarse, pero víaselle tan triste...
En maio de 2011, uns barcos de pesca de Coruña pillaronno nas súas redes, non opuso resistencia. Deixou a súa guitarra na rúa e os peixes nunca máis souberon del. Corrían rumores de que morrera de sobredose, outros decían que se suicidou... Máis ninguén supuxera que o pescaran e que agora estivera no mercado da praza de Lugo, falándolles os mozos da súa vida.
O bogavante non parecía demasiado triste cando terminou de contarme a historia, simplemente, o mundo lle pesaba demasiado, estaba esperando a que alguén o mercara, e o cocera vivo. Bó final para un cantautor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario